18 febrero 2008

En Gran Bretaña quieren hablar español

Así tituló ayer The Independent, uno de los diario más influyentes del Reino Unido.

Lo valoran más allí que en nuestro propio país. Tiene narices.

7 comentarios:

The Insider dijo...

Podríamos hacer un estudio: cuántas colecciones, cursos y demás hay en el extranjero para hablar español, y comparar con el número que haya para hablar catalán, gallego y vasco.

Más que nada para poner a cada uno exactamente en el sitio que le corresponde.

Anónimo dijo...

Ricardo, independentemente diso que ti dis, que non hai que discutir porque é evidente, as linguas non son nin mellores nin peores dependendo do número de falantes, da súa rica literatura, da riqueza da súa variedade, de seren ou non lingua das finanzas, de que estean máis ou menos presentes na rede... Non, machiño, non, as linguas non son mercadorías, son persoas e son dereitos.

Alén diso, pregúntome eu que fará o instituto Cervantes ofertando aulas de galego, coleccionando libros en linguas "menores" nas súas bibliotecas, levando polo mundo adiante escritores como Suso de Toro ou Rivas (el diablo!!!), etc. Quen entende de cultura non entende afirmacións como as túas.

E o galego está presente en máis de 40 universidades e centros de todo o mundo, incluíndo os colexios españois de París e Londres. É moito, é pouco... simplemente é. O catalán en 90 e pico.

Anónimo dijo...

Ricardo, non sabes aquilo de que vale máis a calidade que a cantidade?

The Insider dijo...

O que quero dicir non é que unha lingua sexa mellor ou peor. O que quero dicir é que se para conservar o castelán temos necesariamente que perxudicar ao galego, é algo asumíbel. O non asumíbel é ao revés, perxudicar unha lingua importantísima no mundo para impoñer unha lingua que só falan 3 millóns de persoas é unha atrocidade. E non digamos se falamos neste galego que non é galego, senón un invento de Touquín. Era tan sinxelo dicir graciñas... pero non, é grazas, que non o di ninguén, porque lle sae a Anxo dos...

Anónimo dijo...

Non dis que unha sexa mellor ou peor, pero das a entender que unha é prescindíbel. Acabas de definirte perfectamente.

E o da imposición é un absurdo. Faime graza iso que di Galicia Bilingüe e demais grupúsculos satélite do PP, o de que se os rapaces estudan en galego no colexo logo serán incapaces de falar en castelán. Unha de dúas, ou esas plataformas minten ou teñen aos seus fillos por subnormais.

Que máis ten que estuden en galego? En que lle van falar os papás? En castelán. En que van ver a televisión ou escoitar a radio? En castelán. En que van ler a prensa? En castelán. En que idioma se van relacionar cos seus amigos? En castelán.
Xa que logo, ou son parvos ou falan o castelán moito mellor que o galego que estuden no colexo.

Imposición vs Bilingüismo (versión española). Todo iso está moi ben, pero aínda non vin a ninguén de Galicia Bilingüe defender o bilingüismo en galego.

Saúdos.

The Insider dijo...

Postos a mirar que linguas son prescindíbeis, chegamos a que só precisamos unha lingua no mundo, para entendernos mellor todos. Como ser prescindíbeis...

E entre as dúas, se hai que deixar morrer unhanecesariamente que sexa o galego, porque a función da lingua é comunicarse, e esa función cúmprea mellor o castelán, co que podes falar a máis xente.

Galicia Bilingüe non minte. Vai a un colexio do rural, onde se estudia en galego e se fala en galego na casa, e a ver que pasa. Eu coñezo casos de nenos que non falan nada de castelán con sete anos porque non llo ensinan nin na casa nin no colexio. ¿Que máis ten que estuden en galego? ¿E que máis ten que estuden en castelán? Por certo, iso de dicir papás en lugar de pais porque soa máis de neno consentido podes metelo onde queiras, a min fálasme con respecto, e a ser posíbel dando a cara -o nome-, porque para falar así falo comigo mesmo, que ademais teño máis e mellores argumentos.

O bilingüismo non é nin en galego nin en castelán, dicir iso si é un absurdo; bilingüismo é dúas linguas.

Eu, como ves, non teño problema en falar galego. É máis, sempre que me falen en galego responderei en galego. ¿Pasa iso ao revés? Rara vez, os galegofalantes galizos non son quen de falar un bo -ás veces nin malo- castelán.

Anónimo dijo...

La lengua más clara y de entonación más viril de las neolatinas.......

NNXX